NORMAS XERAIS PARA A PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS

AVISO IMPORTANTE: Ante a crecente demanda e interese por presentar
comunicacións, infórmase ós interesados/as que se amplía o prazo de entrega (título, autores/as, correo, institución, resume e palabras-chave) ata o 20 de xaneiro do 2016. A súa aceptación confirmarase ata o 30 de xaneiro do 2016, requeríndose da presentación do texto completo a 4 de abril do 2016.

Para presentar o título e o resume a data límite é o 10 de decembro e será confirmada a aceptación das comunicacións pola organización antes do 20 de decembro. A entrega do texto completo farase o 4 de abril.

A extensión das comunicacións será dun máximo de 5.000 palabras e terá que incluir un resumo dun máximo de 200 palabras, contemplando os seguintes datos:

  • Título da comunicación
  • Datos do autor-a, institución, correo electrónico
  • Referencia ás necesidades técnicas (vídeo, retroproxector, ordenador, etc.)

As comunicacións deberán estar relacionadas con algún dos obxectivos do congreso.

A proposta de comunicación deberá ser enviada ao Secretariado do Congreso:  secretariado.fenda@gmail.com

NORMAS ESPECÍFICAS PARA A PRESENTACIÓN DE COMUNICACIÓNS

Para a presentación de comunicacións enviarase un resumo, a través do e-mail secretariado.fenda@gmail.com, de acordo coas orientacións ofrecidas. Os autores-as da/s comunicación/s deben facer o pago da matrícula.

O idioma poderá ser galego, portugués ou castelán.

ORIENTACIÓNS PARA O RESUMO

O resumo contará cun máximo de 200 palabras. Nel se debe explicitar o objetivo central do estudo, a metodoloxía, os resultados máis destacados (de ser o caso) e conclusións. Palabras-chave (máximo de 4).

ORIENTACIÓNS PARA O ENVÍO DO TEXTO PARA PUBLICACIÓN

O texto final para a publicación, no caso das comunicacións, debe seguir as seguinte estrutura:

1. Título

2. Complemento de título (opcional)

3. Identificación dos-as autores-as (nome e apelidos), institución e correo electrónico.

4. Resumo

5. Palabras-chave

6. Introdución
(se fose preciso pódese incluir apartado específico para marco teórico/revisión bibliográfica/estado da cuestión)

7. Metodoloxía

8. Resultados (de ser o caso)

9. Conclusións (Discusión e conclusións)

10. Agradecementos (de ser o caso)

Os agradecementos poden ser incluídos no final do documento, antes das referencias.

11.Referencias bibliográficas

TEMÁTICAS DAS COMUNICACIÓNS

-Intervención sociocomunitaria e proxectos educativos con TIC.
-Recursos dixitais en contextos educativos.
– Experiencias educativas de atención ás neae e nee con TIC.
– Metodoloxías innovadoras con TIC para a atención á diversidade, inclusión e equidade.
Non se permite incluir encabezamento e notas de pé de páxina.

A norma para as Referencias bibliográficas e citas en texto a utilizar debe ser a 6ª edición da APA  (AmericanPsychologicalAssociation).

As citas serán integradas no texto dacordo con o sistema autor/a-data. En caso de citas textuais incluir o número da páxina.