• Reflexionar sobre as actividades implementadas coas TIC nos diversos contextos socioeducativos actuais.
  • Crear un espazo de intercambio de experiencias entre diferentes profesionais debatendo sobre a relevancia das TIC para a atención á diversidade nos Centros Educativos Ordinarios, Escolares, Rurais Agrupados, Integrados e nas Facultades de educación entre outros.
  • Analizar a incorporación das TIC á diversidade de centros educativos
    Debater, dende o punto de vista didáctico e curricular, sobre os principais retos educativos que as TIC terán que afrontar nos próximos anos.
  • Analizar a forma na que as TIC poden contribuír para fomentar a igualdade ou xerar desigualdade nos Centros Educativos e na contorna.
  • Identificar os problemas que profesionais da educación veñen formulando na introdución das TIC no contexto educativo e comunitario.
  • Favorecer un encontro entre diferentes Institucións (Centros de Formación, Concellos, Escolas, Universidades, entre outros), procurando, en conxunto, formular propostas de mellora ao redor ás necesidades educativas, inclusión e igualdade.
  • Reflexionar sobre a utilización das TIC e outros recursos, identificando as súas principais fortalezas e debilidades.
  • Crear un espazo de intercambio de investigacións sobre as TIC e sobre a súa contribución en favorecer a labor socioeducativa na abordaxe das NEAE, a inclusión e a igualdade de xénero.